BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

14/10/17

CERTAME POÉTICO.


Este curso empezamos invitándovos a que participedes no XIV Concurso de Poesia Anomar. 

Estes son os carteis coas bases que están expostos nos taboleiros da biblioteca e en distintos puntos do noso Instituto.




7/7/17






IES MARQUÉS DE SARGADELOS.
A Veiga s/n. San Cibrao. 
CERVO.
LUGO.
TELÉFONO: 982 87 01 93
FAX:  982 87 02 04




27/4/17

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC. VIDEOCONFERENCIA NA BIBLIOTECA.

Conmemoramos na biblioteca o “Día das rapazas nas TIC” “Girls in ICT Day 2017”. Iniciativa do CESGA, USC, WOMEN EMPRENDE,fic, XUNTA DE GALICIA.  Trátase de promover e apoiar ás rapazas para que consideren carreiras no eido das tecnoloxías da información e a comunicación. É un acto que pretende dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendendoras no eido das TIC, así como ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de secundaria de Galicia.  O noso alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu na biblioteca a unha multiconfernecia sobre este tema o día 27 de abril protagonizada por 4 mulleres que destacan en Galicia nestes campos: Alba Alonso, nieves Brisaboa, Carmen Cotelo Queijo e María Jesús Taboada.

18/3/17

FORMACIÓN DE USUARIOS. PREGUNTA DO MES DE MARZO.


APRENDEMOS A LER IMAXES, OBSERVALAS, INTERCAMBIAR IMPRESIÓNS ORALMENTE. LOGO REDACTAMOS O QUE VEMOS, GRAVAMOS O ESCRITO E ESTABLECEMOS CONEXIÓNS ENTRE O TRABALLO DA AULA, A LECTURA E A BIBLIOTECA.

Partindo dos carteis anuais que publica a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, analizamos, interpretamos e aprendemos a ler imaxes na aula na materia de Lingua galega. 

Primeiro interpretamos oralmente a imaxe na aula, facemos unha posta en común, logo facemos a descrición da imaxe por escrito nos cadernos, gravamos o escrito co móbil e velaquí os resultados. Isto é o que ven os nosos alumnos de 2º de ESO no cartel de bibliotecas escolares deste curso. Velaquí catro exemplos como mostra. Queremos facer o mesmo cos carteis doutros cursos.

Para ben ser debedes estar ollando a imaxe mentres escoitades.



9/1/17






IES MARQUÉS DE SARGADELOS.
A Veiga s/n. San Cibrao. 
CERVO.
LUGO.
TELÉFONO: 982 87 01 93
FAX:  982 87 02 04