BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

5/12/16

III SEMANA ESCOLAR DA PROVINCIA DE LUGO E DA SÚA DEPUTACIÓN.

 III Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación. Colaboramos nesta proposta da Dep. Provincial de Lugo, unha iniciativa posta en marcha no ano 2013 coincidindo co aniversario da creación das provincias modernas e da Deputación de Lugo o 30 novembro de 1833 . Divulgamos o patrimonio natural da provincia de Lugo. Traballamos nas aulas os contidos deste libro, difundímolo entre toda a comunidade educativa repartindo exemplares e catalogámolo na biblioteca do centro quedando a disposición dos usuarios.