BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

28/10/14

IN MEMORIAM

h

ttp://praza.gal/cultura/8112/a-cultura-galega-chora-o-pasamento-de-begona-caamano/

Begoña Caamaño, a xornalista e escritorafoise onte pola tarde, despois dunha longa enfermidade.

Autora de libros como Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, obtivo premios coma o Ánxel Casal da AGE ao mellor libro de ficción, o premio da AELG á mellor obra narratica do 2912, o premio da crítica de narrativa galega, o premio Antón Losada Diéguez do 2013 e premio da Crítica española ao mellor libro de narrativa. 

A súa foi unha obra meteórica que nos devolveu aos mitos que sempre foron de noso: a materia de Irlanda e as viaxes de Ulises (desta vez con Penélope e Circe mirándose sobre a cabeza do loitador). Con ela volvemos a percorrer os camiños de Cunqueiro, volvendo aos tempos que nunca se foron, agora vistos coa mirada de muller, unha mirada lila.

As súas palabras:

“Considero o feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos, senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@”, defendía Begoña Caamaño, da súa maneira activista de situarse no mundo. (…)”. 






20/10/14




O Botafumeiro é unha revista dixital de humor en galego con periodicidade mensual. Recolle textos e banda deseñada. Nela participan moitos dos autores que coñecemos: Manel Cráneo, Alberto Guitián, Roque Romero, Bernal Prieto, Xiomara Correa, Diana López, Kaz, Tayone, Martín Romero, Brais Rodríguez… eJano con páxinas de Nacho Camacho, viñetas de A Ollada do Chosco e novos personaxes e series. Podes atopalo nesta páxina

Sacoponcho é unha publicación autoeditada que reúne os novos talentos do colectivo de banda deseñada Fume de Carozo: Xulia Vicente, Uxía Larrosa, Luís Yang e Paloma Tarrío. A edición complétase con aportacións de ilustración a páxina completa de debuxantes como Jorge Peral ou Yago García.  

19/10/14





Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 5 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.




A XEOMETRÍA DO CARBALLO. POEMA DE MARCOS ANA MUSICADO POR A QUENLLA.

POEMA DE MARCOS ANA. TRADUCIDO AO GALEGO E MUSICADO POLO GRUPO A QUENLLA.
INFORMACIÓN ACHEGADA POLA BIBLIOTECA DO IES SAN PAIO DE TUI E A BIBLIOTECA DO CPI MONDARIZ.


Velaquí a letra e a música do poema na nosa lingua:

Contaime como é un carballo,
como é o cantar dun río
cando se enche de paxaros.

Falaime do mar. Falaime
dos arrecendos do campo.
E das estrelas. Do aire.

Recitaime un horizonte

libre de pechos e chaves
como a casupa dun pobre.

Decime como é o alento

dunha muller. Daime o nome
do amor : xa non me lembro.

¿Aínda as noites se perfuman

de namorados tremendo
de paixón baixo da lúa?

¿Ou non hai máis ca esta foxa,

a luz dunha sepultura
e a canción das miñas lousas?

Vintedous anos...Xa esquezo

ata a dimensión das cousas,
a color, o cheiro...Escribo

a cegas: “ o mar”, “ o campo”...

digo “fraga” e non percibo
a xeometría dun carballo.

Falo por falar de asuntos

que me borraron os anos.
( Non podo seguir: escoito
os pasos do funcionario)

Música : Xosé Luis Rivas Cruz.
A Quenlla,
 Silencios na memoria






A Vida by A QUENLLA on Grooveshark

14/10/14

MÁIS NOVIDADES NO EIDO DO CÓMIC

A banda deseñada para os máis novos segue a ser unha flor de invernadoiro, por iso recibimos con tanto agarimo cada unha das entregas de Marcopola, a illa remeira de Jacobo Fernández. Acaba de saír á luz Marcopola a illa Remeira 3: Dragoneta. Nela, o autor reflite unha vez máis, a creatividade desbordante que o caracteriza. Un nbovo personaxe,Demoneta, poderá converterse en Dragoneta grazas a unha apócema fabricada polo alquimista Brisgovius; agora voa e bota lume pola boca pero o seu tamaño diminuiu e quedou pequerrechiña ¡é o que ten xogar con beberaxes"; o seu empeño por levar a cabo misións bondadosas terá resultados irregulares... Publicado por Edicións Xerais de Galicia.

*Nacho Camacho é o novo cómic de Jano, con guión de Rodrigo Cota. Nacho Camacho é un personaxe nada recomendable: vago e machista, cheo de prexuízos e homófobo; pero todo porxo ten o seu san martiño e Nacho é pai dun rapaz homosexual ¡el sínteo como unha gran desgraza! e alguén sorrí pensando que é un xusto castigo á súa maneira d epensar e actuar. Neste volume recompílanse as historias xa publicadas na desaparecida revista Retranca e unha historieta nova e máis longa relacionada co Camiño de  Santiago. Publicado por Demo Editora.





13/10/14

CÓMICS RECIBIDOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. GRATUITAMENTE PARA A NOSA BIBLIOTECA.

Encargados por teléfono o venres 10 de outubro e recibidos o luns 13 no noso Instituto. O noso agradecemento á área de cultura da Deputación da Coruña.


 


NOVAS SOBRE CÓMIC

* A Editorial Fosfatina súmase co seu primeiro lanzamento ao panorama da banda deseñada galega.  Griza Zono é o título do traballo do vigués Andrés Magán, que debuta cunha publicación experimental de 48 páxinas en branco e negro.




* O Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano o traballo dunha persoa ou entidade a prol da novena arte no noso país, foi para o crítico e dinamizador Henrique Torreiro. Valórase a súa longa traxectoria de máis de vinte anos desde o colectivo Phanzynex e a organización das propias Xornadas de Ourense ata o seu labor como divulgador, dentro do cal desdenvolve a súa columna de opinión en Culturagalega.org.

*O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías.


*Un novo traballo de Tokio, en Demo Editorial. A causa do crime, unha historia de 50 páxinas a branco e negro que reúne sindicalismo, a corrupción, represión policial ou terrorismo na Galicia dos anos 80. A historia, publicada por entregas en 1987 no xornal A Peneira ve a luz agora cun argumento ampliado e nova realización gráfica. Está previsto que o volume saia á venda a comezos de agosto.

6/10/14


A esmorga, acaba de ser levada ao cine (de novo). Anteriormente, a novela de Eduardo Blanco Amor, fora adaptada en 1977 polo director asturiano Gonzalo Suárez baixo o título de Parranda con José Sacristán, Antonio Ferrandis e José Luis Gómez como protagonistas do filme. Esta vez, faise da man do galego Ignacio Vilarrodada integramente na provincia de Ourense, en escenarios emblemáticos da novela con actores como Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" e producida por Vía Láctea Films e Editorial Galaxia.

A estrea terá lugar en Ourense, no festival OUFF coincidindo coas celebracións do 35 aniversario do pasamento de Blanco Amor.



2/10/14

MAFALDA CUMPRE 50 ANOS.

TEATRO EN GALEGO. PRÓXIMA FUNCIÓN. AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS. CARLOS CASARES.

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas pasou a ser a primeira peza teatral destinada ao público infantil posta en escena polo Centro Dramático Galego. Esa vella arela que un día reivindicara publicamente Cándido Pazó no nome de todos os mediadores da literatura infantil e de toda a rapazada deste país levouse a cabohai máis dunha década.
A obra que fora o primeiro premio do certame de teatro O Facho pasou a ser tamén a primeira obra representada polo CDG. Carlos Casares, o seu autor ben o merecía. O elenco, a posta en escena, a escolla da dirección (o portugués José Martíns), a música e todo o que xirou arredor desta obra constituiu unha aposta ilusionante. Agora, volve as táboas co CDG e Jose Caldas. Os nenos e as nenas non son sempre os mesmos e poderán espertar á ilusión e á cretividade das mans desta peza.

Velaquí a guía didáctica e as datas e lugares de representación