BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

18/3/17

FORMACIÓN DE USUARIOS. PREGUNTA DO MES DE MARZO.


APRENDEMOS A LER IMAXES, OBSERVALAS, INTERCAMBIAR IMPRESIÓNS ORALMENTE. LOGO REDACTAMOS O QUE VEMOS, GRAVAMOS O ESCRITO E ESTABLECEMOS CONEXIÓNS ENTRE O TRABALLO DA AULA, A LECTURA E A BIBLIOTECA.

Partindo dos carteis anuais que publica a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, analizamos, interpretamos e aprendemos a ler imaxes na aula na materia de Lingua galega. 

Primeiro interpretamos oralmente a imaxe na aula, facemos unha posta en común, logo facemos a descrición da imaxe por escrito nos cadernos, gravamos o escrito co móbil e velaquí os resultados. Isto é o que ven os nosos alumnos de 2º de ESO no cartel de bibliotecas escolares deste curso. Velaquí catro exemplos como mostra. Queremos facer o mesmo cos carteis doutros cursos.

Para ben ser debedes estar ollando a imaxe mentres escoitades.