BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

31/8/15




Un recurso necesario.
A Historia da literatura infantil e xuvenil galega era algo que se botaba de menos, especialmente a estas alturas cando esta literatura xa pode ir falando de canon, de clásicos escritos orixinariamente no noso idioma e dos que veñen de fóra pero son verquidos á nosa lingua para ir creando ese sistema literario de noso. A literatura actual ten referencias do pasado, bebe das fontes, de aí que sexa tan necesario recoller a liña do tempo e os produtos que foi dando.
Esta é tamén unha maneira de demostrar o moito que ten avanzado, en moi pouco tempo.
Neste caso, e seguindo unha colección de ensaios que ata a actualidade xiraba arredor de temáticas argumentais e xéneros, a profesora Blanca Ana Roig co seu grupo de colaboradoras, preséntanos este estudo. 
Un estudo amplo que leva aparelladas as dificultades que moitos deles teñen. Cando moito citamos, podemos botar de menos algunhas referencias de gran importancia no estudo desta literatura. Incluso nos pode resultar excesiva a bibliografía no que se refire ás participantes neste libro e facerse moi visible o silencio doutras fontes. Non imos a analizar as razóns desa invisibilidade, pero debemos telas en conta á hora de seguir a estudar a nosa literatura infantil e xuvenil.
O dito, un recurso a ter en conta para non esquecer o que hai, para valorar o canon e para ir analizando as novidades, na proporción debida. Un estudo necesario, a investigación universitaria buscando sistematizar esta produción.Partindo da organización temporal e seguindo as metodoloxías  que ás investigadoras lle semellan máis axeitadas ao sistema literario galego.



--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para
 Rede Lectura el 8/15/2015 11:30:00 a. m.