BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

14/7/15

LIBROS CENSURADOS.






Kalandraka informa da censura dun dos seus libros:

Orellas de bolboreta”, con texto de Luisa Aguilar e ilustracións de André Neves(publicado pola editora pontevedresa en galego, castelán, catalán, éuskaro, portugués, inglés e italiano) é uno dos 49 títulos que o novo alcalde de Venecia, Luigi Brugnaro, retirou das garderías e das escolas municipais de Educación Infantil por estar incluído no programa “Ler sen estereotipos”, desenvolvido polo anterior goberno local.  

Trátase dunha das obras máis demandadas, recomendadas e eloxiadas do catálogo de Kaladraka, seleccionada polo Plan Nacional de Lectura en Portugal e finalista en Italia do Premio Nacional Cittá di Bella".

Este álbum forma parte dun programa de lectura titulado “Ler sen estereotipos”, que reúne 49 títulos entre os que se atopan destacados clásicos da literatura infantil e xuvenil, como Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, de Leo Lionni e Imos cazar un oso, de Michael Rosen e Helen Oxenbury . 



--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para 
Rede Lectura el 7/13/2015 07:42:00 a. m.

Volver aos cómics clásicos, ás series que fan lectores. 

Bandas deseñadas para rir e rir e rir e... volver a rir. E rindo recuperamos as referencias dun mundo que sigue vivo. 

Con Goscinny e Uderzo, en galego, de novo... porque están tolos estes romanos e nós somos irredutibles. Beberemos a poción máxica para meternos a gladiadores ¡pobres dos adestradores e donos de escravos! ¡pobres dos godos que un día se atreveron co nosos druída! ¡pobres dos que non estean dispostos a respectar a aldea gala! 

Secuestro tras secuestro, Obélix e Astérix recuperan o que é seu, sexa druída ou bardo... que aínda que resulte molesto ha de volver a onde o aprecian porque é compañeiro.



--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para 
Rede Lectura el 7/14/2015 08:59:00 a. m.

8/7/15























Traca-Traco. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo.

Deliciosa achega poética de Paco Rivas, escritor natural da Mariña lucense.
Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán.
Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro CasabellaNajla ShamiLydia Botana; Ángela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo).
Prólogo de Alonso Montero, presidente da RAG. Ilustracións de Alfonso Otero Regal.
CONTIDO:
— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo
— Pista de datos: Karaokes
Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI
Outras versións con karaoke
Aplicación lectora de partituras
Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades




 O xardín de Irene, é un libro poesía para primeiros lectores. Di o autor que a este público polo que sinte especial predilección hai que darlles palabras en idioma galego desde o berce, co obxectivo de que ao medrar sigan querendo ler na lingua de Galicia. Darlles versos, achegarlles un ritmo que os engancha. As ilustracións son de Leandro Lamas, un creador moi próximo á infancia. Edición de editorial ferrolá Embora.

Cantos de sol a sol é un libro-CD, con ilustracións de Xosé Vizoso y musicado por Xosé Lueiro. Aquí as poesías son musicadas e as ilustracións enchen as páxinas para acompañar as cancións.

Tamén ilustrado por Xosé Vizoso está o libro Aquel neno que consta de pequenos relatos do autor de Gres.

Todos eles, dirixidos á infancia. Todos eles escritos nos últimos anos con toda a enerxía creadora do autor das Memorias dun neno labregoNeira Vilas continúa a producir os textos necesarios.


--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para 
Rede Lectura el 7/08/2015 11:27:00 a. m.




LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

A noticia de que o escritor Manuel María será o autor homenaxeado o próximo 17 de maio foi moi ben recibida polo conxunto da sociedade galega. Poucas veces un autor recibe este aplauso unánime dos lectores. A RAG acertou na súa elección.

Manuel María, ademais de poeta para o público xeral e a infancia, foi narrador e autor teatral. 

Un creador atento ás necesidades do sistema literario galego, da escola e da sociedade. Cando publicou Os soños na gaiola  declaraba que era o libro que tivera gustado ler cando cativo. E os pequenos e pequenas do país déronlle cumprida resposta. Os soños saíron da gaiola para voar e ser cantados por Suso Vaamonde, e con el, polos galegos dun tempo. 

As Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, foi unhas desas obras de teatro que encheron os escenarios dos centros de ensino. teatro para ler, para representar, para falar... porque ten mensaxe.

E outros libros para a infancia e a xuventude, para confirmar que nas bibliotecas escolares haberá moito que dicir deste autor da Terra Cha.


Un autor que conta cunha Fundación que achega moita información e recursos para traballalo. Un autor que recibiu o I premio Leixaprén de centros de ensino pola súa contribución ao galego.


--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para 
Rede Lectura el 7/06/2015 10:48:00 a. m.
https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif








3/7/15


Acuario 2, con versos de María Canosaacompañada das impresionantes imaxes de Dani Padrón. Publicado por Embora. É a continuación daquel Acuario que xa xiraba arredor da temática do mar. Del escribe ramón Nicolás en Caderno da crítica: (...) 
"Cómpre non esquecer, asemade, ese valor tan precioso que asume con naturalidade como é o de ofrecer a fixación acaída dos termos clave sobre os que xira cada un dos poemas. Velaí como a balea, o xurelo, o tiburón, os chocos, o sanmartiño, o longueirón ou a anguía, entre outros, se deseñan con algúns dos seus trazos característicos, potenciando a familiaridade do seu coñecemento a través de certas personificacións, permitindo así convertelos en seres próximos, cheos de vida e atractivo para calquera lectora ou lector, sospeito que aínda máis para os que comezan a aventura da lectura".

A flol da celdeira, un conto chinés, de Xosé Quintas Canella e ilustrado porÁnxeles Ferrer en Everest Galicia, na colección Ler é vivir. Del escribe Brabátegos: "
"Xosé Quintas Canella artella un interesante e orixinal relato sobre unha rapariga estigmatizada desde nena por ser diferente. Rosiña, a flol da Celdeira, unha cativa que non sabe pronunciar o ele na China imperial, rebuldeira e alegre, que vai sufrir rexeitamento e marxinación por ser diferente, pero que amosa coraxe e resistencia, afouteza no pensamento, determinación. Polo camiño dese soñar, desa diversificación que se produce nun país tan afastado, conflúen personaxes como o xeneral Inshub Misho ou Lham Bhe, historias que maxicamente nos transladan e conforman pontes entre dúas culturas, a galega e a chinesa e que nos levan a reflexionar sobre identidade, idioma e beleza"

Sanatoria, historia dos nenos raros de Francesc Grimalt, un sorprendente álbum, que según a presentación editorial... "é enxeñaría da ilustración, unha espectacular concepción do álbum ilustrado para un público xa lector e con múltiples lecturas dependendo da imaxinación de cada quen. É un libro para nenos grandes". Publicado por Baía.  


Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/02/2015 08:35:00 a. m.