BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

30/3/15



A rula, o peluche e a nena de Paco Martín, acaba de saír do forno.

Unha familia de rulas con dúas fillas. Unha delas moi curiosa, descobre un oso nunha galería. Cando fala con el, cóntalle que nesa casa vai nacer unha nena, e decide agardala. Non se irá a países máis quentes, non acompañará aos pais e á irmá porque se quedará nesta casa para coñecer á cría dos humanos.
Que hai que facer neses caso? Como sobrevivir nunhas temperaturas que non che corresponden? Como alimentarse cando xa non hai sementes nos campos? Como manterse en forma no medio do inverno?

Pero a historia irá máis lonxe, porque o oso tamén quere coñecer mundo... ¡e lograrao, vaia se o logrará!

Noutra cor, o autor diríxese á nena nunha conversa paralela á historia.


--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para 
Rede Lectura el 3/30/2015 08:41:00 a. m.

28/3/15


De cristal, é o título da última obra de Silvestre Gómez Xurxo que fala da vulnerabilidade. Cinco relatos, cinco, sobre a indefensión do ser humano. 

Conta o autor que a colección de relatos nace da petición dunha nena, que quere un conto titulado "O home de cristal e o mago". Escribira Gloria Sánchez A casa de cristal do señor Clin (e ilustráraa Miguel Calatayud), unha das historias máis tristes ás que dera lugar a nosa literatura, porque cando es tan inocente que nada tes que ocultar faste transparente coma o cristazl e como el igual de delicado, de forma que calquera ceh pode destruír. Estaría ben reler esta obra antes de entrar nas de Gómez Xurxo... porque son estas unhas historias nas que o autor entra con presenza propia -parando o relato- porque en cada unha delas "O ratiño negro", "O ratiño branco", "O gato negro", "O pavo real" ou "Gulag de galgos" se presenta unha situación na que determinados animais padecen indefensión e un protagonista humano se identifica con eles porque a súa situación é parella e a súa dor é semellante.



Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 3/27/2015 08:57:00 a. m.



17/3/15

MUNDO CRUEL


O alumnado da materia Educación para a Cidadanía de 2º ESO realizou unha actividade en colaboración coa biblioteca do centro no marco da educación emocional. A actividade denominada Mundo Cruel estivo inspirada pola proposta didáctica do mesmo nome da colección Filosofía visual para niños da editorial Wonder Ponder. Consistiu en realizar un mural colectivo con textos, fotos e debuxos traballados e seleccionados previamente por grupos. Os textos incluídos seleccionáronos @s alumn@s a partir das respostas ás preguntas incluídas nas fichas da proposta didactica. Para isto axudáronse de dicionarios e dalgúns libros de ética e/ou filosofía. As fotos escolléronas dos periódicos atrasados. Foron recortadas polos grupos e engadíronlles un pé de foto. Finalmente os debuxos alusivos ao motivo da actividade foron  realizados pol@s alumn@s voluntarios de cada grupo. Nunha segunda sesión, o mural resultante foi motivo de debate na propia biblioteca e posteriormente levouse á aula de referencia para a súa exposición.



RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO

PREMIOS DA EDICIÓN

Os premios da edición, nas diferentes modalidades corresponderon a... 
Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellor autora do ano para 
María Reimóndez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción para A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil para 
Escarlatina, a cociñeira defuntade Ledicia Costas
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de poesía ou teatro para 
Estrela do Norte, de Luís Rei Núñez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de non ficción para O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval
Premio Lois Tobío á tradución para As froliñas de San Francisco de Darío X. Cabana 
Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado para Leviatán de Ramón Trigo
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao mellor libro educativo para Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres de Pepe Carreiro  

Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial para a colección Rescate de Alvarellos Editora
 






AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA RECIBEN O PREMIO FERNÁNDEZ DEL RIEGO Á COLABORACIÓN NO ÁMBITO EDITORIAL E CULTURAL DA AGE

A Asociación Galega de Editores acordou o pasado 19 de febreiro conceder o Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no ámbito cultural e editorial ás Bibliotecas Escolares de Galicia, polo seu labor de apoio continuado ao libro e a lectura no ámbito escolar.
Este recoñecemento forma parte dos Premios da Edición do ano 2014 que serán entregados o próximo 13 de marzo, no transcurso dun acto no Pazo da Cultura de Pontevedra. Está previsto que sexa recollido polo Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de mans da presidenta da AGE, Laura Rodríguez Herrera. O Conselleiro asistirá acompañado por outros integrantes do departamento da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, á fronte da cal está José Manuel Pinal Rodríguez, e polo equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Xosé Luís Barreiro, Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
Os resto dos premios serán decididos, entre os finalistas polo xurado, integrado polos seguintes profesionais: Mª Pilar Fernández Ruíz, Directora da Biblioteca de Pontevedra; Ramón Rozas, xornalista do Diario de Pontevedra; Kiko da Silva, recoñecido ilustrador de banda deseñada; Alfonso García Sanmartín, ex presidente da AGE, editor e profesional do ensino; e Cano Paz, libreiro da Librería Paz de Pontevedra. A deliberación do xurado terá lugar o luns día 9 na cidade de Pontevedra e non será pública até o día 13 de marzo no transcurso do acto de entrega dos premios.
                                                    A lectura e os libros na escola 
"Froito do traballo realizado", explica Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares, "os libros, a lectura están presentes nos centros educativos galegos dunha forma moi significativa nestes últimos anos" . Todo elo é froito do traballo das comunidades educativas, do profesorado e do alumnado que poñen en pé bibliotecas escolares activas, con equipamento renovado e coleccións  actualizadas, coa axuda da administración educativa. Novoa destaca que "foron postos en xogo moitos recursos materiais, tanto da administración autonómica como da administración central (a través de convenios entre o ano 2005 e 2011), pero foron os centros os que souberon aproveitar a ocasión e seguir as pautas da consellería a prol dun modelo de biblioteca como centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe". A asesora de bibliotecas subliña ademais que " é o profesorado que acude ás actividades de formación e que con moito esforzo persoal e un importante compromiso profesional e social, pon en marcha actividades e programas que fan das bibliotecas escolares galegas un referente a nivel estatal".
                                                   550 centros implicados en dez anos
andaina da Asesoría de bibliotecas escolares comeza en setembro de 2003, facéndose un oco no portal educativo daquel tempo, cunha primeira páxina web, a difusión dun primeiro cartel sobre A Biblioteca, espazo educativo, a elaboración dunha CDU adaptada para as bibliotecas escolares entre outras actividades, e a colaboración coa rede de formación do profesorado no deseño e posta en marcha de actividades. No ano 2004 organizase como tal Asesoría de bibliotecas escolares, sendo a primeira actividade, unhas Xornadas de animación á lectura a través da oralidade: Do falar ao ler. Os orzamentos do ano 2005 recollen os primeiros 250.000 € para o primeiro Plan de mellora de bibliotecas escolares. A primeira convocatoria realízase en marzo do ano 2005 integrándose 40 centros no curso 2005/2006.
Durante estes 10 anos levaronse adiante numerosas iniciativas e proxectos, todos eles deseñados para implicar a escolares e docentes na animación lectora, conseguindo que 550 centros estean na actulidade integrados no programa. As Mochilas Viaxeiras é, seguramente, a iniciativa máis popular entre sos escolares, pola implicación das familias nese programa e o protagonismo que os propios nenos teñen na actividade.